
A Improvisación é estar listx para responder a calquera situación que se nos presente e poder seguir adiante a pesar do cambio nas condicións. Dito doutra forma: A única constante na nosa vida é o cambio, polo que a improvisación é parte da nosa vida diaria.
O teatro de improvisación é unha técnica específica na cal os actores sen un guión preestablecido nin personaxes creados con anterioridade, crean unha escena con ideas outorgadas polo público. É dicir, que co tempo limitado e cos recursos dispoñibles soamente
nese momento, entregan un produto satisfactorio e a medida.
Neste monográfico desenvólvese un primeiro achegamento á técnica da improvisación teatral e de como ese adestramento ensinaranos a alcanzar e a reforzar unha gama de recursos que acheguen respostas efectivas ante a creazon de escenas teatrais espontáneas.
Convocatoria pechada. Se queres que te avisemos das seguintes, podes iscribirte no enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdfIUz0M39JIrMhX6UiAEy70eO_Blc88L7-PBnZ1AbTq6FOww/viewform?embedded=true