Dúo Faryna-Satorre (outubro 2023)

Músicos de recoñecida traxectoria no ámbito da música arxentina, o dúo Faryna_Satorre sae ás pistas no ano 2017 cunha proposta milonguera con arranxos propios, buscando adaptar ao formato de dúo sonoridades e articulacións características das orquestras dos anos 40’ e 50’. 

A particularidade do dúo Faryna-Satorre ten que ver coa oralidade dos seus arranxos. Ensáian e tocan sen papel, o que da lugar á improvisación, logrando así un son fresco constantemente renovado.

Cunha gran aceptación do público milonguero, desde o seu inicio o dúo presentouse nos espazos máis importantes da escena tanguera de Bos Aires, En agosto de 2019 realizou unha xira a Francia, presentándose en París, Lyon e Tarbes.

En outubro de 2021 lanza o seu primeiro material en formato dixital A la pista!, o cal está dispoñíbel en todas as plataformas, entre elas:

Spotify

Youtube

Durante 2022 e 2023 veñen realizando xiras por Europa, presentándose en Francia, Alemaña, España, Suiza, Italia, Noruega e Austria.

INSTAGRAM DÚO FARYNA SATORRE

Na Galiza a finais de outubro; contratación aberta.

Datas confirmadas:

  • Venres 20 outubro, Sala Rebullón, Mos, 22:00 horas, taquilla inversa
  • Sábado 21 outubro, 22:30 horas, CrC do Porriño (só persoas socias)
  • Domingo 22 outubro, 19:00 horas, AldeaGlobal (Bamio) – Aforo completo
  • Xoves 26 outubro, 18:30, Espacio X Cafetería do CGAC, Santiago de Compostela
  • Sábado 28 outubro, 21:30, A Casa de Arriba (Vigo), 10€ entrada
  • Domingo 29 outubro, 12:30, Cantina Centro Goianés, Goián (Tomiño)

1 Comment

  1. […] Do 10 ao 14 de abril temos de novo ao Dúo Faryna-Satorre na Galiza. Podedes coñecelos mellor na súa web e neste enlace. […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *