Música, poesía, narrativa e ecoloxía
Lidia e Ugia propoñen un ferrado de oralidade, unha conversación tecida con cantos e contos entre elas e o público. Como fíos condutores, a paixón polo mar, a profundidade e a sinxeleza das emocións esenciais, a forte inspiración da natureza salvaxe de ambas, o culto ás baleas coas que comparten unha senda común mimetizándose imaxinariamente na súa dor e afouteza. Este diálogo, a lume lento, é unha volta á etimoloxía antiga da palabra entretemento como exposición das entrañas.
Contos propios y alleos de Lidia, cancións orixinais de Ugia, creacións e recoleccións para un espazo común no que ambas calzan as zapatillas de casa, visten as súas chaquetas de lá e adéntranse “al mar de los latidos dichos a media voz”. Este verso de Inmaculada Mengibar irá acompañado con outros textos de Luisa Castro, Natalia Alonso, Marilar Aleixandre o Gabriel García Márquez.
Sábado 6 xullo, Parque infantil Carballeira de Cornide, Teo, 20:30