Artistas

Distribución en Galicia de diferentes propostas no ámbito da música e a narración oral, as veces entrelazando as dúas disciplinas; abrindo espazos para a creación compartida.

Tecendo pontes entre beiras atlánticas: cooperación cultural con artistas independentes de Arxentina.

Todas as persoas que confían en Leiras Atlánticas o fan sen exclusividade.

As Lembranzas: música folk fusión e tradicional galega

As Lembranzas son tres mulleres dunha mesma familia, son voz, son terra, son tradición recibida dun matriarcado que sempre usou o canto e a música pra evadir a dureza da vida ou simplemente transmitila, son forza, unidade e paixón. No ano 2019 sacan o seu primeiro traballo “Gaëla” que as leva de xira por Suiza, Belxica, Alemania e Holanda.

En 2023 son unhas das gañadoras do Interritmos Sons do Rural e cómo parte do premio lanzan o seu último videoclip no que rescatan unha letra da rexión de Cerceda con “Muiñeira do Toxo”. Na actualidade están coa Aceleradora Mans en colaboración coa Fundación Paideia no programa “Sonidos Emergentes

MERCHI TILVE: voz, arreglista, letrista e compositora, tamén acompaña con percusión.

PAULA PAZ: voz, percusionista, letrista e compositora do grupo.

VANESA TILVE: voz, percusión, compositora, letrista e arreglista do grupo.

REDES SOCIAIS

Factoría de subsistencia: rock galego, música para a xente

Somos FACTORÍA DE SUBSISTENCIA porque se trata precisamente diso, de crear, de inventar, de darlle forma ás ideas que xorden no noso interior ou ao noso redor, ás circunstancias que sobrevoan contínuamente aos nosos seres, aos comportamentos que tentan darnos leccións continuas de enfrontamento ante a vida.

A finalidade deste proceso creativo busca o intercambio coa xente, co público, con alguén que pasa por aí e queda a escoitar. Darlle a ese incauto a posibilidade de compartir con nós a nana que naceu ao carón do noso corazón ou enredando coas nosas vísceras.

JOSITO PORTO (voz e guitarra), SABELA DACAL (acordeón), RAFA OTERO (baixo eléctrico) e ADRIÁN RÍOS (batería).

REDES SOCIAIS

Damián Foretic

Compositor e produtor arxentino, radicado en Buenos Aires pero cunha intensa actividade en Europa. Participa en numerosos proxectos a cada lado do océano, e realizou concertos en máis de 30 países de Europa, América, Asia e África. Especializado na improvisación, ditou talleres en Berlín, Londres, París e Buenos Aires. É fundador e organizador do Ciclo Tangos sen arranxo, destinado á improvisación grupal, no que participaron figuras destacadas do xénero na actualidade, como Hugo Rivas, Nicolás Ledesma, Ramiro Galo, Pablo Estigarribia, entre moitos outros.

Damián participou nas seguintes actividades en Galicia no 2024:

  • OBRADOIRO A HISTORIA DO TANGO, no que ofreceu unha presentación das pautas básicas para escoitar, comprender e gozar o tango arxentino, o 21 de xaneiro na Escola Vella de Rinlo, da man da Tribe da Travesía (xaneiro).
  • ORILLAS: bandoneón (Damián Foretic) e narración oral (Lidia Luna)
  • DÚO CHIOCCHIO-FORETIC: con Raúl Chiocchio (guitarra), en xaneiro e febreiro de 2024.
  • Dúo Emiliano Faryna-Damián Foretic, agosto 2023

Emiliano Faryna

Brillante guitarrista e arranxador para varias e varios artistas ligados ao mundo do tango arxentino, é un dos músicos de maior referencia da actualidade na capital arxentina, tanto no mundo do tango como na música popular do país. Actualmente está concluindo a licenciatura en Música popular arxentina. No 2023 lanzou o seu primeiro EP, “Umbral”, integrado por catro composicións propias nas que amosa a súa gran sensibilidade.

Actividades na Galicia:

  • Los Suplentes, xira outubro 2023 e abril 2024: Cantina Centro Goianés, Café Catro a Catro, Kapitol (A Illa de Arousa), A Casa de Arriba (Vigo), Espazo X Cafetería do CGAC (Santiago de Compostela), Sala Rebullón.
  • Dúo Faryna-Foretic, agosto 2023: Museo Mar de Vigo, Ciclo Uxíadas.
  • Orillas, con Lidia Luna, 2022: A Sacabeira (Cervo), Círculo Habanero (A Devesa, Ribadeo), Casa da Trova, Fogar de Maeloc (A Pastoriza).
  • Dúo Gentil-Faryna: A Arca da Noe, A Posada da Galiza Imaxinaria, O Aturuxo.

REDES SOCIAIS

Baleanorte: Lidia Luna (narración oral) e Ugia Pedreira (voz, guitarra e pandeiro). Galego e castelán

Orillas: Damián Foretic (bandoneón) e Lidia Luna (narración oral). Galego e castelán

Las mujeres y los pájaros (Lidia Luna). Castelán