A historia do tango

Este obradoiro ofrece unha presentación das pauta básicas para escoitar, comprender e disfrutar o tango arxentino. Dirixido a músicos, estudantes de música, persoas afeccionadas e calquera que teña interese neste xénero.

Durante este obradoiro, mediante audio exemplos, iremos destilando e diferenciando a sonoridade de cada orquestra e tamén os aspectos formais que compartían, para así lograr unha idea máis acabada dos compoñentes que conforman un tango tradicional. 

Durante todo o seu desenvolvemento, o tango tivo un movemento constante de “ida e volta” entre  músicos e bailaríns. Os orquestradores estaban moi atentos ás  tendencias e gustos das e dos bailaríns, e ao mesmo temo quen bailaba gozaba coas diferencias estilísticas de cada orquestra, e as interpretaban desde a danza.  A diferencia do jazz e outros xéneros musicais, o tango desde o seu orixe estivo intimamente relacionado co baile.  Por este motivo parécenos oportuno pechar o obradoiro cunha breve introdución ao tango danza, e así completar este panorama integral do xénero tango; abrindo ademais a invitación a practicar e gozar tocando e bailando despois do obradoiro. 

Podes ler a convocatoria no Faro Ocio Norte aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *