Distribución de repertorios que entrelanzan a música e a narración oral.
Tecendo pontes entre beiras atlánticas: cooperación cultural con artistas independentes de Arxentina.

Damián Foretic

Compositor e produtor arxentino, radicado en Buenos Aires pero cunha intensa actividade en Europa. Participa en numerosos proxectos a cada lado do océano, e realizou concertos en máis de 30 países de Europa, América, Asia e África. Especializado na improvisación, ditou talleres en Berlín, Londres, París e Buenos Aires. É fundador e organizador do Ciclo Tangos sen arranxo, destinado á improvisación grupal, no que participaron figuras destacadas do xénero na actualidade, como Hugo Rivas, Nicolás Ledesma, Ramiro Galo, Pablo Estigarribia, entre moitos outros.
Damián participou nas seguintes actividades en Galicia no 2024:
- OBRADOIRO A HISTORIA DO TANGO, no que ofreceu unha presentación das pautas básicas para escoitar, comprender e gozar o tango arxentino, o 21 de xaneiro na Escola Vella de Rinlo, da man da Tribe da Travesía (xaneiro).
- ORILLAS: bandoneón (Damián Foretic) e narración oral (Lidia Luna)
- DÚO CHIOCCHIO-FORETIC: con Raúl Chiocchio (guitarra), en xaneiro e febreiro de 2024.
- Dúo Emiliano Faryna-Damián Foretic, agosto 2023
Emiliano Faryna

Brillante guitarrista e arranxador para varias e varios artistas ligados ao mundo do tango arxentino, é un dos músicos de maior referencia da actualidade na capital arxentina, tanto no mundo do tango como na música popular do país. Actualmente está concluindo a licenciatura en Música popular arxentina. No 2023 lanzou o seu primeiro EP, “Umbral”, integrado por catro composicións propias nas que amosa a súa gran sensibilidade.
Actividades na Galicia:
- Los Suplentes, xira outubro 2023 e abril 2024: Cantina Centro Goianés, Café Catro a Catro, Kapitol (A Illa de Arousa), A Casa de Arriba (Vigo), Espazo X Cafetería do CGAC (Santiago de Compostela), Sala Rebullón.
- Dúo Faryna-Foretic, agosto 2023: Museo Mar de Vigo, Ciclo Uxíadas.
- Orillas, con Lidia Luna, 2022: A Sacabeira (Cervo), Círculo Habanero (A Devesa, Ribadeo), Casa da Trova, Fogar de Maeloc (A Pastoriza).
- Dúo Gentil-Faryna: A Arca da Noe, A Posada da Galiza Imaxinaria, O Aturuxo.
REDES SOCIAIS
- Los suplentes (web)
- Los suplentes (IG)
- Youtube Emiliano Faryna
- Spotify Emiliano Faryna
- Dúo Mathieu-Faryna
NARRACIÓN ORAL e repertorios mixtos

Baleanorte: Lidia Luna (narración oral) e Ugia Pedreira (voz, guitarra e pandeiro). Galego e castelán

Orillas: Damián Foretic (bandoneón) e Lidia Luna (narración oral). Galego e castelán

Las mujeres y los pájaros (Lidia Luna). Castelán